domingo, 28 de octubre de 2012

O Samaín


"O Samaín"
-É unha antiga festividade céltica, o Samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nos dias do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre  nos, os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o outro, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
A sua orixe:
0s celtas celebraban o Samaín co a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares que aínda seguían vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume encendido nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que os espiritus se achegasen á mesa fami1iar. Coincidía así, nesta noite do 3l de outubro ó lº de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura das portas do outro mundo.
Pero outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das mortos nesta noite representaba un potencial perigo do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que os mortos (familiares) que puidesen vir non se achegase ós castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa (de ai ven a cabaza de halloween).
Disque, nestas mesmas datas, prendíanse lumes sagrados e que con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. Estas fogueiras tamén podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles asi que atopasen os seus fogares e os seus parentes.
Afírmase que polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas, e esta tradición, conservada en Irlanda, puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións a este país no século X1X e comezos do XX. De ser así, a tradición tería continuidade nas festas de Halloween, do que sería o seu precedente, nunha adaptación do samaín na cultura estadounidense, semellante a un entroido, na que os nabos foron substituídos por grandes cabazas. Co paso do tempo, a influencia cultural estadounidense no resto do mundo conseguiu que o Halloween regresase a Europa para converterse nunha festividade cada vez máis popular.
Na actualidade se soe facer cabazas con caras, para facelas astes que vaciar o seu interior e fas dous ollos, unha nariz e unha boca. Despois de facer isto poñes unha vea no seu interior e xa esta!Xa tes feita a tua cabaza do Samaín.

miércoles, 24 de octubre de 2012